Entradas

PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: TRANSFORMACIÓNS XEOMÉTRICAS

Imagen
Este paseo matemático vai ser diferente dos habituais, porque haberá máis explicación matemática que nos outros. Pero se les ata o final verás que pode ser interesante. Unha transformación xeométrica dunha figura plana convértea nunha figura homóloga. Por exemplo, podemos tomar a seguinte figura, unha elipse: A partir do punto P e transformar a elipse noutras semellantes, aínda que diferente tamaño. Isto é o que se chama homotecia . Un tipo interesante de transformacións xeométricas son aquelas que conservan o tamaño e a forma inicial, o que non pasaba coas elipses. Estas transformacións chámanse movementos ou isometrías, e existen catro diferentes. Un xiro consiste en tomar a figura e movela arredor dun punto (centro) un determinado ángulo. Podemos facelo na seguinte figura, que é similar a un sector circular: Se tomamos a figura e a xiramos arredor do punto P obtemos as seguintes novas figuras: Unha simetría axial actúa de xeito semellante a un espello. Se vemos   seguinte ...

O hotel con infinitos cuartos

Imagen
No hotel con infinitos cuartos sempre hai un dormitorio para calquera. Un bo día chega un turista para hospedarse no hotel. A recepcionista revisa os cuartos que están ocupados e comproba que… HAY INFINITOS CUARTOS OCUPADOS! Despois duns segundos de histeria, decátase de que, como o hotel ten infinitos cuartos, pode asignarlle un ao novo hóspede. 1) Que cuarto lle asigna e como? Pouco despois de resolver o problema, chegan de novo ao hotel… INFINITOS TURISTAS demandando cadanseu cuarto e, claro, a recepcionista terá que asignárllelos, aínda que xa haxa infinitos cuartos que están ocupados. 2) Como resolve esta nova situación? A darlle voltas ao enxeñoso e fabuloso infinito! Non hai quen o pille, pero podemos seguirlle a pista.

Cita célebre en data sinalada

Un viaxeiro chegado doutra época desexa saber a que data chegou para poder levar a cabo a misión que lle encomendaron. Para iso, diríxese no presente a un bar. Alí atópase cunha persoa que parece algo bébeda. —En que ano estamos? -—pregunta o viaxeiro. —En 2023, hip! —responde mentres bota un grolo. —Que día é hoxe? —volve preguntar o viaxeiro. —Hip! Pois se onte fose mañá, hoxe sería venres, hip! —contéstalle o outro todo cheo de razón. Poderías axudar o noso viaxeiro a deducir que día da semana é?

PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: TORREÓN BESCANSA

Imagen
 O torreón Bescansa é unha pequena torre situada no paseo marítimo de Santa Cristina. Construíuse arredor do século XVII para servir de polvoreira ao sistema defensivo da ría da Coruña. A partir do século XIX pasou por varios propietarios, entre eles a familia do farmacéutico Luís Bescansa, dos que recibiu o nome. En 1993 o concello asinou un convenio cos seus titulares e integrouna no paseo. É un edificio con forma de ortoedro, é dicir, que todas as súas caras son rectángulos. De feito, vendo a súa planta descubrimos que non é exactamente cadrada. Fixándonos na fachada observamos que é simétrica (liñas vemellas na seguinte imaxe), pero ademais diso se nos poñemos a analizala descubrimos outras relacións: o largo da porta é da xanela é un sétimo do largo da fachada (liñas verdes verticais) e o punto superior da porta está a tres sétimos da altura da torre (liñas verdes horizontais). Ademais, dividindo os rectángulos correspondentes pola metade (liñas rosas) enmarcamos a xan...

REMATE DE CURSO:

Imagen
Como remate das actividades desenvolvidas polo Departemento de Matemáticas, realizamos a entrega duns detalles ao alumndado que participou nalgunha das nosas actividades complementaria ou extraescolares, como recoñecemento á súa colaboración. Entre esas actividades, destacar a participación no Rally Matemático, a Olimpíada Matemática e a Feira Matemática. Parabéns para o alumnado e o profesorado implicado, e tamén para as súas familias pola súa colaboración.

XVI FEIRA MATEMÁTICA

Imagen
O pasado 15 de abril celebrouse unha nova edición da Feira Matemática (e xa van XVI) en PALEXCO (A Coruña). E unha vez máis o Club de Ciencia do IES María Casares participou levando o traballo que estivemos a realizar estes meses no departamento de Matemáticas. O alumnado que puido estar no stand ensinou ao numeroso público que se achegou que son os mosaicos e como se poden construír. Ademais, como tamén puideron deseñar algúns deles para imprimilos en 3D coa axuda do departamento de Tecnoloxía tiñamos moitos exemplos e a xente podía intentar ver como podían cubrir todo o plano con esas pezas sen deixar ocos. Algúns non eran fáciles pero aínda así non paraban ata conseguilo. Facendo quendas ao longo do día, estiveron no posto Alicia, Alba, Leire, Iago, Daniela, Irene Gestal e Irene Nimo de 1º ESO e Manuel de 1º Bacharelato. Xestionaron moi ben todas as visitas que houbo (que foron moitas), explicaron todo e ademais pasárono moi ben. Aquí vos deixamos algunha foto mais dos nosos represe...

Charla ao redor das Matemáticas

Imagen
Con motivo da conmemoración do Día Internacional das Matemáticas, 14 de marzo, o alumnado de 3º e 4º de ESO participou nunha charla sobre Aplicacións da Estatística , a cargo da matemática Mª José Ginzo Villamayor, que se centrou na súa investigación sobre algoritmos matemáticos na loita contra incendios e algoritmos relacionados ca onomástica (en particular apelidos característicos da zona e as súas relacións con outros aspectos como a historia, lingua etc.) Mª José Ginzo (A Pontenova, Lugo), é Investigadora no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización (USC) dende o ano 2008. Licenciada en Matemáticas con especialidade en Estatística e Investigación Operativa, pola USC, cursou un posgrao en Estatística na Universidade de Porto (Portugal), o mestrado interuniversitario en Técnicas Estatísticas (USC) e obtivo o seu doutoramento en Estatística e Investigación Operativa en maio de 2022 coa tese titulada “Statistical Techniques in Geolinguistics. Onomastic modeling” ba...