Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022

GALICIENCIA

Imagen
Os alumnos Javier Docampo e Sara Mosteiro,  xunto coa profesora Lucía Rodríguez participaron con gran éxito na edición deste ano de Galiciencia co proxecto "Residuos plásticos cero". Ademáis de aprender moito e pasalo estupendamente acadaron o premio ao proxecto con mellor comunicación. Parabéns!! Gran traballo!!  

PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: PARQUE MARÍA WONENBURGER

Imagen
Nesta ocasión, nestes paseos matemáticos que facemos por Oleiros imos visitar un parque. Pero non porque haxa elementos xeométricos, que os hai (bancos con forma de ortoedro, papeleiras cilíndricas, xogos infantís con forma piramidal...), senón polo seu nome. En 2012 o concello de Oleiros bautizou este espazo como parque María Wonenburger Planells, que foi unha ilustre matemática . María Josefa Wonenburger naceu en Montrove no verán de 1927, no seo da familia coruñesa dos Wonenburger, que se dedicaban á fundición. Precisamente, a familia quería que estudase enxeñaría para seguir no negocio, pero ela tiña un grande aprecio polas matemáticas, así que marchou a Madrid a estudar na universidade. Conseguiu entón unha bolsa para ir estudar ao estranxeiro e marchou á universidade Yale, onde presentou en 1957 a súa tese de doutoramento sobre álxebra. Porén, cando volveu a España non lle recoñeceron o título, polo que tivo que redactar unha segunda tese. Como en España non vía posibilidades