Entradas

Mostrando entradas de abril, 2022

O viaxeiro do tempo necesita axuda.

Un viaxeiro chegado doutra época desexa saber a que data chegou para poder levar a cabo a misión que lle encomendaron. Para iso, diríxese, no presente, a un bar. Alí atópase cunha persoa que parece algo bébeda. — En que ano estamos? -—pregunta o viaxeiro. — Estamos na décimocuarta semana de 2022, hip! —responde mentres bota un grolo. — E que día é hoxe? —volve preguntar o viaxeiro. — Hip! Pois se onte fose mañá, hoxe sería venres , hip! —contéstalle o outro todo cheo de razón. Poderías axudar o noso viaxeiro a deducir que día da semana é?

OLIMPIADA MATEMÁTICA

Imagen
Os alumnos Lucas Santos Pardo e Hugo Sierra Jácome de 2° ESO B participaron o 21 de abril na primeira fase da Olimpíada Matemática. Moita sorte!!

I CONCUROS DE MEMES MATEMÁTICOS

Imagen
Co obxectivo de conmemorar o Día Internacional das Matemáticas (14  marzo, ata 2019 Día Internacional de pi), celebramos o primeiro  concurso de memes matemáticos. Os gañadores foron: CATEGORÍA ALUMNADO DE ESO: MARTíN LAGE MARTíNEZ 2º ESO-A MANUEL PÉREZ  LESTóN 2º ESO-B PABLO RODRíGUEZ GAGINO 2º ESO-B CATEGORÍA ALUMNADO DE BACHARELATO: GABRIEL RODRíGUEZ CARLíN 1º BACH-A Parabéns para tod@s e grazas pola vosa colaboración" Podes ver os memes premiados aquí:     meme1          meme2       meme3     

FINAL GALEGA DO RALLY MATEMÁTICO

Imagen
O equipo de 4º de ESO, dirixido pola profesora Consuelo Castro, obtivo o 3º posto na final autonómica do Rally Matemático celebrada o pasado 1 de abril en Santiago. Parabéns aos seus compoñentes, Ariana Colón, María González, Sara Mosteiro, Javier Hernández, Pedro Otero, Diego Santiago, Ángel e Jaime Ortega. Por outra banda, felicitar tamén ao equipo de 3º ESO-D, formado por Carlos Barreiro, Rebeca Calvo, Nicolás Cofán, José Herrera, Noa LLanes, Manuel Seoane, Sergio Siso e Diego Torres, que tiveron unha excelente participación. Parabéns para o profesorado implicado, e sobre todo para o alumnado, e as súas familias pola súa colaboración."

PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: CASTELO DE SANTA CRUZ

Imagen
Despois do ataque de Francis Drake á Coruña en 1589 decidiuse que había que ampliar a defensa da cidade, xa que o castelo de Santo Antón parecía insuficiente. Por iso construíuse na illa de Santa Cruz unha fortificación que se rematou en 1640. Posteriormente tamén se levantou o castelo de San Diego, hoxe desaparecido . A o perder o interese estratéxico o castelo foi abandonado ata o século XIX en que o mercou José Quiroga, esposo de Emilia Pardo Bazán, e mandou construír o pazo. En 1938 pasou por herdanza ao corpo de cabalería e en 1989 adquiriuno o concello de Oleiros . En canto chegamos á illa vemos un plano coa situación de cada elemento. Unha parte da illa está amurallada e dentro dese recinto está situado o pazo. Podemos pensar en calcular canto ocupa cada unha destas partes en relación ás outras. F acendo un pequeno esquema do plano observamos que a parte amurallada ocupa o 40% da illa, mentres que o pazo supón o 10% do recinto. Queda como exercicio calcular que parte da