XVI FEIRA MATEMÁTICA
O pasado 15 de abril celebrouse unha nova edición da Feira Matemática (e xa van XVI) en PALEXCO (A Coruña). E unha vez máis o Club de Ciencia do IES María Casares participou levando o traballo que estivemos a realizar estes meses no departamento de Matemáticas.
O alumnado que puido estar no stand ensinou ao numeroso público que se achegou que son os mosaicos e como se poden construír. Ademais, como tamén puideron deseñar algúns deles para imprimilos en 3D coa axuda do departamento de Tecnoloxía tiñamos moitos exemplos e a xente podía intentar ver como podían cubrir todo o plano con esas pezas sen deixar ocos. Algúns non eran fáciles pero aínda así non paraban ata conseguilo.
Facendo quendas ao longo do día, estiveron no posto Alicia, Alba, Leire, Iago, Daniela, Irene Gestal e Irene Nimo de 1º ESO e Manuel de 1º Bacharelato. Xestionaron moi ben todas as visitas que houbo (que foron moitas), explicaron todo e ademais pasárono moi ben.
Comentarios
Publicar un comentario