Entradas

Mostrando entradas de enero, 2023

PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: PARQUE JOSÉ MARTÍ

Imagen
Desta vez volvemos a un parque para facer un dos nosos paseos matemáticos . O parque José Martí, situado en Santa Cristina, foi inaugurado en 1991 co nome deste poeta e político cubano. A planta deste parque é bastante irregular, e non nos imos deter moito nas formas xeométricas, a pesar dese gran círculo rodeado de palmeiras e cunha fonte no centro. Unha curiosidade que podemos atopar no parque é un mapa do concello formado por sebes en que aparecen as nove parroquias que o conforman, cada unha plantada con flores diferentes . E este mapa permite falar dun resultado matemático, que é o teorema das catro cores. A grandes trazos o teorema di que un mapa plano pode colorarse con só catro cores coa condición de que dúas rexións con fronteira común non compartan a mesma cor. É un problema que naceu no século XIX e foi formulado formalmente por Arthur Cayley en 1878. Ao longo dos anos foron aparecendo demostracións que confirmaban o resultado mais finalmente acababan parecendo erros nel