Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2024

PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: SAN COSME DE MAIANCA

Imagen
  A vila de Mera é unha localidade que oficialmente ten algo máis de 500 habitantes. O seu territorio está dividido entre dúas parroquias: Serantes e Maianca. Neste artigo falaremos da igrexa parroquial desta última. Falar do estilo desta igrexa pode ser complicado, xa que ao longo do tempo sufriu moitos cambios, que fan que non queden trazas do orixinal románico. De feito, era unha igrexa dunha única nave ata que en 1970 se ampliou cunha segunda nave polo sur e cun soportal polo norte. Posiblemente esas sucesivas reformas reformas sexan as responsables de que, ao contrario do que ocorría noutros edificios que analizamos neste blog, esta igrexa sexa moito máis irregular: Por exemplo, a planta da nave principal non é rectangular e a ábsida non é exactamente cadrada, polo que ambas son trapezoides (e polo tanto as súas paredes non son paralelas). Aínda que pola perspectiva na seguinte imaxe non se ve moi ben, as ampliacións laterais si se fixeron máis exactas, polo que as tres partes