PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: TORREÓN BESCANSA

 O torreón Bescansa é unha pequena torre situada no paseo marítimo de Santa Cristina. Construíuse arredor do século XVII para servir de polvoreira ao sistema defensivo da ría da Coruña. A partir do século XIX pasou por varios propietarios, entre eles a familia do farmacéutico Luís Bescansa, dos que recibiu o nome. En 1993 o concello asinou un convenio cos seus titulares e integrouna no paseo.



É un edificio con forma de ortoedro, é dicir, que todas as súas caras son rectángulos. De feito, vendo a súa planta descubrimos que non é exactamente cadrada.


Fixándonos na fachada observamos que é simétrica (liñas vemellas na seguinte imaxe), pero ademais diso se nos poñemos a analizala descubrimos outras relacións: o largo da porta é da xanela é un sétimo do largo da fachada (liñas verdes verticais) e o punto superior da porta está a tres sétimos da altura da torre (liñas verdes horizontais). Ademais, dividindo os rectángulos correspondentes pola metade (liñas rosas) enmarcamos a xanela, a parte inferior da porta e ata a altura da varanda. E aínda podemos chegar a máis: se trazamos as diagonais vemos que coinciden cos vértices dos rectángulos, e o punto de corte (o centro da fachada) está xusto no lintel da porta.


E que pasa coa fachada lateral? Podemos marcar as mesmas liñas? Pois si, pero neste caso temos dous problemas: un é que a división non resulta tan exacta e outro é que o chan está un pouco inclinado. Aínda así, a división en sete partes continúa a ser bastante boa.


Cómpre observar que estas medidas están feitas sobre fotos e polo tanto teñen unha certa distorsión. Iso si, queda unha pregunta: que fracción da fachada lateral ocupan cada unha das dúas xanelas?


Localización: 43º 2' 0" N - 8º 2' 17" W

Para saber máis:

Comentarios

Entradas populares de este blog

REMATE DE CURSO:

XVI FEIRA MATEMÁTICA

PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: TRANSFORMACIÓNS XEOMÉTRICAS