Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2022

CHARLA SOBRE INTELIXENCIA ARTIFICIAL

Imagen
A semana pasada tivo lugar no centro unha charla sobre Intelixencia Artificial a cargo dun antigo alumno do centro, Daniel Hernández Pérez, que tras graduarse en Informática en Londres e facer un doctorado na Universidade de Nueva York, actualmente está a traballar como investigador enxeñeiro en Sony Al America Inc, Colorado. A súa responsabilidade laboral consiste en investigar o uso da aprendizaxe por reforzo para a creación de I.A. para xogar a videoxogos.   Con este tipo de actividades de divulgación científica, o que pretendemos desde o departamento de Matemáticas, é promover entre o noso alumnado, a utilidade da nosa materia en diferentes ámbitos da sociedade, e fomentar a súa vocación científica por igual, en mozas e mozos.

PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: SANTAIA DE LIÁNS

Imagen
  A apenas un quilómetro do IES María Casares localízase un destacado edificio: a igrexa de Santaia de Liáns. Neste blog xa analizamos unha igrexa, pero agora cambiamos o estilo, algo que descubrimos nas súas fachadas: nesta imaxe tes á esquerda a románica igrexa de Dexo e á dereita a de Liáns. Sobre elas aparecen debuxados dous rectángulos semellantes que enmarcan aproximadamente as fachadas, pero como ves o lado máis longo do rectángulo é o chan en Dexo e a altura en Liáns. A igrexa de Dexo é románica, mentres que a de Liáns é un exemplo de barroco rural.  Algunhas das características do barroco que podemos apreciar son a torre-campanario e a decoración empregando curvas. Iso podemos velo no frontón da portada, que en lugar de ser un clásico triángulo está construído mediante arcos de circunferencias que podemos analizar: O arco grande é un arco de circunferencia duns 125 graos con centro na parte superior da porta. O arco pequeno (pintado de vermello na imaxe) ocupa un terzo do segm