Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2022

PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: BIBLIOTECA RIALEDA

Imagen
  A Biblioteca Pública de Rialeda está situada en Perillo, nun edificio deseñado polo arquitecto Rafael González Villar en 1912. A intención era facerlle un agasallo á súa esposa, mais esta faleceu só dezaoito meses despois e non chegou a ser o fogar do matrimonio. Por iso dedicouse a restaurante ata mediados do século XX. A partir de aí pasou por diferentes propietarios, ata que o último dono asinou un convenio de doazón ao concello de Oleiros en 1998. No edificio, González Villar amosou as influencias que recibira nas súas viaxes por Europa. Así, aínda que hai elementos modernistas, como as reixas das fiestras do andar baixo, descóbrense sobre todo elementos decorativos xeométricos, que lembran a arquitectura da Sezession , movemento artístico vienés que rompeu co modernismo buscando máis sobriedade. É recoñecida a inspiración que supuxo a colonia para artistas de Olbrich en Darmstadt (Alemaña). Esta sinxeleza obsérvase por exemplo nesta imaxe en que se ve que a decoración baséase si