O hotel con infinitos cuartos

No hotel con infinitos cuartos sempre hai un dormitorio para calquera.

Un bo día chega un turista para hospedarse no hotel. A recepcionista revisa os cuartos que están ocupados e comproba que… HAY INFINITOS CUARTOS OCUPADOS! Despois duns segundos de histeria, decátase de que, como o hotel ten infinitos cuartos, pode asignarlle un ao novo hóspede.

1) Que cuarto lle asigna e como?

Pouco despois de resolver o problema, chegan de novo ao hotel… INFINITOS TURISTAS demandando cadanseu cuarto e, claro, a recepcionista terá que asignárllelos, aínda que xa haxa infinitos cuartos que están ocupados.

2) Como resolve esta nova situación?

A darlle voltas ao enxeñoso e fabuloso infinito! Non hai quen o pille, pero podemos seguirlle a pista.


Comentarios

Entradas populares de este blog

REMATE DE CURSO:

XVI FEIRA MATEMÁTICA

PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: TRANSFORMACIÓNS XEOMÉTRICAS