Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2023

Charla ao redor das Matemáticas

Imagen
Con motivo da conmemoración do Día Internacional das Matemáticas, 14 de marzo, o alumnado de 3º e 4º de ESO participou nunha charla sobre Aplicacións da Estatística , a cargo da matemática Mª José Ginzo Villamayor, que se centrou na súa investigación sobre algoritmos matemáticos na loita contra incendios e algoritmos relacionados ca onomástica (en particular apelidos característicos da zona e as súas relacións con outros aspectos como a historia, lingua etc.) Mª José Ginzo (A Pontenova, Lugo), é Investigadora no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización (USC) dende o ano 2008. Licenciada en Matemáticas con especialidade en Estatística e Investigación Operativa, pola USC, cursou un posgrao en Estatística na Universidade de Porto (Portugal), o mestrado interuniversitario en Técnicas Estatísticas (USC) e obtivo o seu doutoramento en Estatística e Investigación Operativa en maio de 2022 coa tese titulada “Statistical Techniques in Geolinguistics. Onomastic modeling” ba