Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2023

O hotel con infinitos cuartos

Imagen
No hotel con infinitos cuartos sempre hai un dormitorio para calquera. Un bo día chega un turista para hospedarse no hotel. A recepcionista revisa os cuartos que están ocupados e comproba que… HAY INFINITOS CUARTOS OCUPADOS! Despois duns segundos de histeria, decátase de que, como o hotel ten infinitos cuartos, pode asignarlle un ao novo hóspede. 1) Que cuarto lle asigna e como? Pouco despois de resolver o problema, chegan de novo ao hotel… INFINITOS TURISTAS demandando cadanseu cuarto e, claro, a recepcionista terá que asignárllelos, aínda que xa haxa infinitos cuartos que están ocupados. 2) Como resolve esta nova situación? A darlle voltas ao enxeñoso e fabuloso infinito! Non hai quen o pille, pero podemos seguirlle a pista.

Cita célebre en data sinalada

Un viaxeiro chegado doutra época desexa saber a que data chegou para poder levar a cabo a misión que lle encomendaron. Para iso, diríxese no presente a un bar. Alí atópase cunha persoa que parece algo bébeda. —En que ano estamos? -—pregunta o viaxeiro. —En 2023, hip! —responde mentres bota un grolo. —Que día é hoxe? —volve preguntar o viaxeiro. —Hip! Pois se onte fose mañá, hoxe sería venres, hip! —contéstalle o outro todo cheo de razón. Poderías axudar o noso viaxeiro a deducir que día da semana é?

PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: TORREÓN BESCANSA

Imagen
 O torreón Bescansa é unha pequena torre situada no paseo marítimo de Santa Cristina. Construíuse arredor do século XVII para servir de polvoreira ao sistema defensivo da ría da Coruña. A partir do século XIX pasou por varios propietarios, entre eles a familia do farmacéutico Luís Bescansa, dos que recibiu o nome. En 1993 o concello asinou un convenio cos seus titulares e integrouna no paseo. É un edificio con forma de ortoedro, é dicir, que todas as súas caras son rectángulos. De feito, vendo a súa planta descubrimos que non é exactamente cadrada. Fixándonos na fachada observamos que é simétrica (liñas vemellas na seguinte imaxe), pero ademais diso se nos poñemos a analizala descubrimos outras relacións: o largo da porta é da xanela é un sétimo do largo da fachada (liñas verdes verticais) e o punto superior da porta está a tres sétimos da altura da torre (liñas verdes horizontais). Ademais, dividindo os rectángulos correspondentes pola metade (liñas rosas) enmarcamos a xanela,