Charla ao redor das Matemáticas


Con motivo da conmemoración do Día Internacional das Matemáticas, 14 de marzo, o alumnado de 3º e 4º de ESO participou nunha charla sobre Aplicacións da Estatística, a cargo da matemática Mª José Ginzo Villamayor, que se centrou na súa investigación sobre algoritmos matemáticos na loita contra incendios e algoritmos relacionados ca onomástica (en particular apelidos característicos da zona e as súas relacións con outros aspectos como a historia, lingua etc.)
Mª José Ginzo (A Pontenova, Lugo), é Investigadora no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización (USC) dende o ano 2008. Licenciada en Matemáticas con especialidade en Estatística e Investigación Operativa, pola USC, cursou un posgrao en Estatística na Universidade de Porto (Portugal), o mestrado interuniversitario en Técnicas Estatísticas (USC) e obtivo o seu doutoramento en Estatística e Investigación Operativa en maio de 2022 coa tese titulada “Statistical Techniques in Geolinguistics. Onomastic modeling” baixo a supervisión da Prof. Dra. Rosa Mª Crujeiras Casais. Traballa como Técnico Superior de Investigación no Grupo Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicación - Modestya da USC (USC) e ten impartido cursos en entidades como AGACA, Arcelor, Consello de Contas de Galicia, Misión Biológica de Galicia (CSIC), Tecnocom ou na proia USC, entre outros.




Comentarios

Entradas populares de este blog

XIV CONCURSO INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

REMATE DE CURSO: