Nestes paseos matemáticos xa exploramos varias igrexas do concello, o que nos permitiu ver diferentes estilos arquitectónicos. Desta vez imos dar un salto de séculos e observar a nova igrexa de Santa Cruz. A igrexa foi encargada en 1966 por Josefa Rosa Alonsa, viúva de Leopoldo Abente para que fose construída nun terreo da súa propiedade. O seu autor foi o recoñecido arquitecto Miguel Fisac, que posteriormente recibiu a Medalla de Ouro da Arquitectura (1994) e o Premio Nacional de Arquitectura (2003). Se comparamos este edificio con outras igrexas das que falamos neste blog o primeiro que chama a atención é que a forma é totalmente diferente ás anteriores. As outras eran fundamentalmente de pedra, mentres que esta é de formigón. E se naquelas as formas básicas eran rectángulos e liñas rectas, agora o que dominan son as curvas, como podemos ver no seu plano. Nos séculos que separan unhas das outras houbo por suposto moitos cambios. Por unha parte a...
Comentarios
Publicar un comentario