Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2023

PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: TRANSFORMACIÓNS XEOMÉTRICAS

Imagen
Este paseo matemático vai ser diferente dos habituais, porque haberá máis explicación matemática que nos outros. Pero se les ata o final verás que pode ser interesante. Unha transformación xeométrica dunha figura plana convértea nunha figura homóloga. Por exemplo, podemos tomar a seguinte figura, unha elipse: A partir do punto P e transformar a elipse noutras semellantes, aínda que diferente tamaño. Isto é o que se chama homotecia . Un tipo interesante de transformacións xeométricas son aquelas que conservan o tamaño e a forma inicial, o que non pasaba coas elipses. Estas transformacións chámanse movementos ou isometrías, e existen catro diferentes. Un xiro consiste en tomar a figura e movela arredor dun punto (centro) un determinado ángulo. Podemos facelo na seguinte figura, que é similar a un sector circular: Se tomamos a figura e a xiramos arredor do punto P obtemos as seguintes novas figuras: Unha simetría axial actúa de xeito semellante a un espello. Se vemos   seguinte imax