Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2022

PREMIO AO MELLOR PROXECTO ODS11

Imagen
Parte do alumnado do María Casares que o curso pasado participou no Club de Ciencia, xunto coa profesora de Matematicas, Lucía Rodríguez, foron invitados a participar o 17 de setembro na quinta edición do Open Science de Cambre. Ademáis de disfrutar deste evento a nivel internacional e aprender moito, acadaron o premio ao mellor proxecto na categoría ODS 11, referente ao obxectivo sobre cidades e comunidades sostibles. O Open Science de Cambre (CSO) é un evento anual de divulgación científica organizado polo concello de Cambre en conxunto coa organización xuvenil XentD100cia do IES David Buján. O evento converteuse na primeira feira científica aberta que se celebra en España e unha das primeiras de Europa. Durante unha fin de semana esta localidade convértese no centro de divulgación científica de España, e non só promóvese a ciencia cidadá, en especial á xuventude, senon que empodera aos mozos e mozas, que son os encargados de organizar o evento, e foméntanse as vocacións científicas.