Entradas

Mostrando entradas de abril, 2024

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Imagen
Co obxecto de fomentar a competencia matemática e a creatividade, e dentro das actividades desenvolvidas para a conmemoración do Día Internacional das Matemáticas, convocamos o primeiro concurso de fotografía matemática no IES María Casares. Os gañadores foron: Categoría A: 1º premio  "Geometría hacia el Cielo"  - Daniel Raposeiras 2º ESO B 2º premio   "Recta de Sol entre 90º de Montaña"  - Irene Santomé 2º ESO B Accésit 1  "Fractales Soleados " - Autora Descoñecida Accésit 2  "Fruta Áurea"  - Nuno Bravo 2º ESO B Categoría C: 1º Premio  "O Caracol de Fibonacci"  - Manuel Seoane Siso 1º Bach C 2º Premio  "Laranxa e Círculo"  - Samuel Ríos Mosquera 1º Bach C Se queredes ver todas as fotos participantes pincha no seguinte enlace: https://fotomate-iesmariacasares.blogspot.com/ Parabéns para tod@s e grazas  pola vosa colaboración. "Geometría hacia el Cielo" "Fractales Soleados " "O Caracol de Fibonacci"

Matemáticas na raia

Imagen
Tres grupos de 3.º ESO participaron o xoves 11 de abril en Matemáticas na Raia, un concurso de resolución de problemas por equipos que se realiza en Galiza e no norte de Portugal. Aínda non coñecemos os gañadores do concurso pero as rapazas e rapaces disfrutaron moito da actividade. 

FEIRA MATEMÁTICA 2024

Imagen
As alumnas e alumnos de 2ºESO do Club de Ciencias participaron o pasado sábado 6 de abril na Feira Matemática anual organizada por AGAPEMA en Palexco. No seu stand mostraron os distintos xogos de mesa elaborados este ano no Club (feitos coa impresora 3D e con material reciclado) e explicaron as mellores estratexias de cada un. Ademáis puideron interactuar con rapaces doutros centros e participaron en varias actividades da feira. Aquí tedes dúas mostras gráficas da experiencia.  

CHARLA: A MULLER E AS MATEMÁTICAS

Imagen
O venres 12 de abril, o alumnado de 2º e 4º ESO asistiu a unha charla impartida pola matemática e profesora de estatística na UDC María Amalia Jácome Pumar. Nela coñeceron a figura de Florence Nightingale, unha pioneira tanto da enfermaría moderna como da estatística, e que foi considerada como a persoa que máis vidas salvou na guerra de Crimea (1853-1856). Tamén descubriron como é o traballo de investigación en estatística, e cal é a importancia que ten en áreas como a medicina, así como o recoñecemento que teñen as mulleres que están a levar a cabo eses proxectos.