Entradas

XVI FEIRA MATEMÁTICA

Imagen
O pasado 15 de abril celebrouse unha nova edición da Feira Matemática (e xa van XVI) en PALEXCO (A Coruña). E unha vez máis o Club de Ciencia do IES María Casares participou levando o traballo que estivemos a realizar estes meses no departamento de Matemáticas. O alumnado que puido estar no stand ensinou ao numeroso público que se achegou que son os mosaicos e como se poden construír. Ademais, como tamén puideron deseñar algúns deles para imprimilos en 3D coa axuda do departamento de Tecnoloxía tiñamos moitos exemplos e a xente podía intentar ver como podían cubrir todo o plano con esas pezas sen deixar ocos. Algúns non eran fáciles pero aínda así non paraban ata conseguilo. Facendo quendas ao longo do día, estiveron no posto Alicia, Alba, Leire, Iago, Daniela, Irene Gestal e Irene Nimo de 1º ESO e Manuel de 1º Bacharelato. Xestionaron moi ben todas as visitas que houbo (que foron moitas), explicaron todo e ademais pasárono moi ben. Aquí vos deixamos algunha foto mais dos nosos represe...

Charla ao redor das Matemáticas

Imagen
Con motivo da conmemoración do Día Internacional das Matemáticas, 14 de marzo, o alumnado de 3º e 4º de ESO participou nunha charla sobre Aplicacións da Estatística , a cargo da matemática Mª José Ginzo Villamayor, que se centrou na súa investigación sobre algoritmos matemáticos na loita contra incendios e algoritmos relacionados ca onomástica (en particular apelidos característicos da zona e as súas relacións con outros aspectos como a historia, lingua etc.) Mª José Ginzo (A Pontenova, Lugo), é Investigadora no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización (USC) dende o ano 2008. Licenciada en Matemáticas con especialidade en Estatística e Investigación Operativa, pola USC, cursou un posgrao en Estatística na Universidade de Porto (Portugal), o mestrado interuniversitario en Técnicas Estatísticas (USC) e obtivo o seu doutoramento en Estatística e Investigación Operativa en maio de 2022 coa tese titulada “Statistical Techniques in Geolinguistics. Onomastic modeling” ba...

PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: PARQUE JOSÉ MARTÍ

Imagen
Desta vez volvemos a un parque para facer un dos nosos paseos matemáticos . O parque José Martí, situado en Santa Cristina, foi inaugurado en 1991 co nome deste poeta e político cubano. A planta deste parque é bastante irregular, e non nos imos deter moito nas formas xeométricas, a pesar dese gran círculo rodeado de palmeiras e cunha fonte no centro. Unha curiosidade que podemos atopar no parque é un mapa do concello formado por sebes en que aparecen as nove parroquias que o conforman, cada unha plantada con flores diferentes . E este mapa permite falar dun resultado matemático, que é o teorema das catro cores. A grandes trazos o teorema di que un mapa plano pode colorarse con só catro cores coa condición de que dúas rexións con fronteira común non compartan a mesma cor. É un problema que naceu no século XIX e foi formulado formalmente por Arthur Cayley en 1878. Ao longo dos anos foron aparecendo demostracións que confirmaban o resultado mais finalmente acababan parecendo erros nel...

PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: BIBLIOTECA RIALEDA

Imagen
  A Biblioteca Pública de Rialeda está situada en Perillo, nun edificio deseñado polo arquitecto Rafael González Villar en 1912. A intención era facerlle un agasallo á súa esposa, mais esta faleceu só dezaoito meses despois e non chegou a ser o fogar do matrimonio. Por iso dedicouse a restaurante ata mediados do século XX. A partir de aí pasou por diferentes propietarios, ata que o último dono asinou un convenio de doazón ao concello de Oleiros en 1998. No edificio, González Villar amosou as influencias que recibira nas súas viaxes por Europa. Así, aínda que hai elementos modernistas, como as reixas das fiestras do andar baixo, descóbrense sobre todo elementos decorativos xeométricos, que lembran a arquitectura da Sezession , movemento artístico vienés que rompeu co modernismo buscando máis sobriedade. É recoñecida a inspiración que supuxo a colonia para artistas de Olbrich en Darmstadt (Alemaña). Esta sinxeleza obsérvase por exemplo nesta imaxe en que se ve que a decoración baséas...

CHARLA SOBRE INTELIXENCIA ARTIFICIAL

Imagen
A semana pasada tivo lugar no centro unha charla sobre Intelixencia Artificial a cargo dun antigo alumno do centro, Daniel Hernández Pérez, que tras graduarse en Informática en Londres e facer un doctorado na Universidade de Nueva York, actualmente está a traballar como investigador enxeñeiro en Sony Al America Inc, Colorado. A súa responsabilidade laboral consiste en investigar o uso da aprendizaxe por reforzo para a creación de I.A. para xogar a videoxogos.   Con este tipo de actividades de divulgación científica, o que pretendemos desde o departamento de Matemáticas, é promover entre o noso alumnado, a utilidade da nosa materia en diferentes ámbitos da sociedade, e fomentar a súa vocación científica por igual, en mozas e mozos.

PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: SANTAIA DE LIÁNS

Imagen
  A apenas un quilómetro do IES María Casares localízase un destacado edificio: a igrexa de Santaia de Liáns. Neste blog xa analizamos unha igrexa, pero agora cambiamos o estilo, algo que descubrimos nas súas fachadas: nesta imaxe tes á esquerda a románica igrexa de Dexo e á dereita a de Liáns. Sobre elas aparecen debuxados dous rectángulos semellantes que enmarcan aproximadamente as fachadas, pero como ves o lado máis longo do rectángulo é o chan en Dexo e a altura en Liáns. A igrexa de Dexo é románica, mentres que a de Liáns é un exemplo de barroco rural.  Algunhas das características do barroco que podemos apreciar son a torre-campanario e a decoración empregando curvas. Iso podemos velo no frontón da portada, que en lugar de ser un clásico triángulo está construído mediante arcos de circunferencias que podemos analizar: O arco grande é un arco de circunferencia duns 125 graos con centro na parte superior da porta. O arco pequeno (pintado de vermello na imaxe) ocupa un terz...

PREMIO AO MELLOR PROXECTO ODS11

Imagen
Parte do alumnado do María Casares que o curso pasado participou no Club de Ciencia, xunto coa profesora de Matematicas, Lucía Rodríguez, foron invitados a participar o 17 de setembro na quinta edición do Open Science de Cambre. Ademáis de disfrutar deste evento a nivel internacional e aprender moito, acadaron o premio ao mellor proxecto na categoría ODS 11, referente ao obxectivo sobre cidades e comunidades sostibles. O Open Science de Cambre (CSO) é un evento anual de divulgación científica organizado polo concello de Cambre en conxunto coa organización xuvenil XentD100cia do IES David Buján. O evento converteuse na primeira feira científica aberta que se celebra en España e unha das primeiras de Europa. Durante unha fin de semana esta localidade convértese no centro de divulgación científica de España, e non só promóvese a ciencia cidadá, en especial á xuventude, senon que empodera aos mozos e mozas, que son os encargados de organizar o evento, e foméntanse as vocacións científicas....