PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: SANTAIA DE LIÁNS

 A apenas un quilómetro do IES María Casares localízase un destacado edificio: a igrexa de Santaia de Liáns.


Neste blog xa analizamos unha igrexa, pero agora cambiamos o estilo, algo que descubrimos nas súas fachadas: nesta imaxe tes á esquerda a románica igrexa de Dexo e á dereita a de Liáns. Sobre elas aparecen debuxados dous rectángulos semellantes que enmarcan aproximadamente as fachadas, pero como ves o lado máis longo do rectángulo é o chan en Dexo e a altura en Liáns.


A igrexa de Dexo é románica, mentres que a de Liáns é un exemplo de barroco rural. Algunhas das características do barroco que podemos apreciar son a torre-campanario e a decoración empregando curvas. Iso podemos velo no frontón da portada, que en lugar de ser un clásico triángulo está construído mediante arcos de circunferencias que podemos analizar:


O arco grande é un arco de circunferencia duns 125 graos con centro na parte superior da porta. O arco pequeno (pintado de vermello na imaxe) ocupa un terzo do segmento que une os extremos do arco verde. 

Podiamos fixarnos nos rectángulos que cobren o adro da igrexa, pero imos baixar un pouco cara a abaixo...


Xunto a igrexa está tamén o cemiterio, que unen unhas escaleiras. Como curiosidade podes contar os chanzos de cada tramo e observarás que non son todos iguais. De feito, o número de chanzos de tres deles é múltiplo de 6, mais o cuarto non...


Localización: 43º 20' 2.0" N - 8º 21' 06.0" W

Para saber máis:

http://patrimoniogalego.net/index.php/24770/2012/09/igrexa-de-santa-eulalia-de-lians/ (Artigo en Patrimonio Galego)

https://www.youtube.com/watch?time_continue=23&v=VBj7BXGaHy4&feature=emb_logo (Vídeo en YouTube)

Comentarios

Entradas populares de este blog

REMATE DE CURSO:

XVI FEIRA MATEMÁTICA

PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: TRANSFORMACIÓNS XEOMÉTRICAS