CHARLA SOBRE INTELIXENCIA ARTIFICIAL


A semana pasada tivo lugar no centro unha charla sobre Intelixencia Artificial a cargo dun antigo alumno do centro, Daniel Hernández Pérez, que tras graduarse en Informática en Londres e facer un doctorado na Universidade de Nueva York, actualmente está a traballar como investigador enxeñeiro en Sony Al America Inc, Colorado. A súa responsabilidade laboral consiste en investigar o uso da aprendizaxe por reforzo para a creación de I.A. para xogar a videoxogos.
 
Con este tipo de actividades de divulgación científica, o que pretendemos desde o departamento de Matemáticas, é promover entre o noso alumnado, a utilidade da nosa materia en diferentes ámbitos da sociedade, e fomentar a súa vocación científica por igual, en mozas e mozos.


Comentarios

Entradas populares de este blog

REMATE DE CURSO:

XVI FEIRA MATEMÁTICA

PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: TRANSFORMACIÓNS XEOMÉTRICAS