PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: PARQUE JOSÉ MARTÍ

Desta vez volvemos a un parque para facer un dos nosos paseos matemáticos.


O parque José Martí, situado en Santa Cristina, foi inaugurado en 1991 co nome deste poeta e político cubano. A planta deste parque é bastante irregular, e non nos imos deter moito nas formas xeométricas, a pesar dese gran círculo rodeado de palmeiras e cunha fonte no centro.


Unha curiosidade que podemos atopar no parque é un mapa do concello formado por sebes en que aparecen as nove parroquias que o conforman, cada unha plantada con flores diferentes.


E este mapa permite falar dun resultado matemático, que é o teorema das catro cores. A grandes trazos o teorema di que un mapa plano pode colorarse con só catro cores coa condición de que dúas rexións con fronteira común non compartan a mesma cor.

É un problema que naceu no século XIX e foi formulado formalmente por Arthur Cayley en 1878. Ao longo dos anos foron aparecendo demostracións que confirmaban o resultado mais finalmente acababan parecendo erros nelas. Non foi ata 1976 que Kenneth Appel e Wolfgang Haken conseguiron comprobar que o resultado era correcto cunha demostración que incluía moito traballo con ordenadores.

E que pasa co mapa de Oleiros? Pois que en realidade é moi sinxelo e non só podemos pintalo con catro cores, senón que con só tres tamén sería posible:


Claro que converter este mapa en xardín con máis cores fai que resulte máis vistoso...


Localización: 43º 2' 1" N - 8º 2' 16" W

Para saber máis:

Comentarios

Entradas populares de este blog

REMATE DE CURSO:

XVI FEIRA MATEMÁTICA

PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: TRANSFORMACIÓNS XEOMÉTRICAS