Entradas

PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: BIBLIOTECA RIALEDA

Imagen
  A Biblioteca Pública de Rialeda está situada en Perillo, nun edificio deseñado polo arquitecto Rafael González Villar en 1912. A intención era facerlle un agasallo á súa esposa, mais esta faleceu só dezaoito meses despois e non chegou a ser o fogar do matrimonio. Por iso dedicouse a restaurante ata mediados do século XX. A partir de aí pasou por diferentes propietarios, ata que o último dono asinou un convenio de doazón ao concello de Oleiros en 1998. No edificio, González Villar amosou as influencias que recibira nas súas viaxes por Europa. Así, aínda que hai elementos modernistas, como as reixas das fiestras do andar baixo, descóbrense sobre todo elementos decorativos xeométricos, que lembran a arquitectura da Sezession , movemento artístico vienés que rompeu co modernismo buscando máis sobriedade. É recoñecida a inspiración que supuxo a colonia para artistas de Olbrich en Darmstadt (Alemaña). Esta sinxeleza obsérvase por exemplo nesta imaxe en que se ve que a decoración baséas...

CHARLA SOBRE INTELIXENCIA ARTIFICIAL

Imagen
A semana pasada tivo lugar no centro unha charla sobre Intelixencia Artificial a cargo dun antigo alumno do centro, Daniel Hernández Pérez, que tras graduarse en Informática en Londres e facer un doctorado na Universidade de Nueva York, actualmente está a traballar como investigador enxeñeiro en Sony Al America Inc, Colorado. A súa responsabilidade laboral consiste en investigar o uso da aprendizaxe por reforzo para a creación de I.A. para xogar a videoxogos.   Con este tipo de actividades de divulgación científica, o que pretendemos desde o departamento de Matemáticas, é promover entre o noso alumnado, a utilidade da nosa materia en diferentes ámbitos da sociedade, e fomentar a súa vocación científica por igual, en mozas e mozos.

PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: SANTAIA DE LIÁNS

Imagen
  A apenas un quilómetro do IES María Casares localízase un destacado edificio: a igrexa de Santaia de Liáns. Neste blog xa analizamos unha igrexa, pero agora cambiamos o estilo, algo que descubrimos nas súas fachadas: nesta imaxe tes á esquerda a románica igrexa de Dexo e á dereita a de Liáns. Sobre elas aparecen debuxados dous rectángulos semellantes que enmarcan aproximadamente as fachadas, pero como ves o lado máis longo do rectángulo é o chan en Dexo e a altura en Liáns. A igrexa de Dexo é románica, mentres que a de Liáns é un exemplo de barroco rural.  Algunhas das características do barroco que podemos apreciar son a torre-campanario e a decoración empregando curvas. Iso podemos velo no frontón da portada, que en lugar de ser un clásico triángulo está construído mediante arcos de circunferencias que podemos analizar: O arco grande é un arco de circunferencia duns 125 graos con centro na parte superior da porta. O arco pequeno (pintado de vermello na imaxe) ocupa un terz...

PREMIO AO MELLOR PROXECTO ODS11

Imagen
Parte do alumnado do María Casares que o curso pasado participou no Club de Ciencia, xunto coa profesora de Matematicas, Lucía Rodríguez, foron invitados a participar o 17 de setembro na quinta edición do Open Science de Cambre. Ademáis de disfrutar deste evento a nivel internacional e aprender moito, acadaron o premio ao mellor proxecto na categoría ODS 11, referente ao obxectivo sobre cidades e comunidades sostibles. O Open Science de Cambre (CSO) é un evento anual de divulgación científica organizado polo concello de Cambre en conxunto coa organización xuvenil XentD100cia do IES David Buján. O evento converteuse na primeira feira científica aberta que se celebra en España e unha das primeiras de Europa. Durante unha fin de semana esta localidade convértese no centro de divulgación científica de España, e non só promóvese a ciencia cidadá, en especial á xuventude, senon que empodera aos mozos e mozas, que son os encargados de organizar o evento, e foméntanse as vocacións científicas....

Olimpiada matemáticas

Imagen
O noso alumno de 2º ESO Hugo Sierra Jácome foi un dos 40 seleccionados para participar na final galega da Olimpíada Matemática que se celebrou en Lugo o 26 de maio. Ademais de realizar a proba, da que quedou moi satisfeito, foi unha gran xornada de convivencia na que participou noutras actividades lúdicas relacionadas coas matemáticas.

GALICIENCIA

Imagen
Os alumnos Javier Docampo e Sara Mosteiro,  xunto coa profesora Lucía Rodríguez participaron con gran éxito na edición deste ano de Galiciencia co proxecto "Residuos plásticos cero". Ademáis de aprender moito e pasalo estupendamente acadaron o premio ao proxecto con mellor comunicación. Parabéns!! Gran traballo!!  

PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: PARQUE MARÍA WONENBURGER

Imagen
Nesta ocasión, nestes paseos matemáticos que facemos por Oleiros imos visitar un parque. Pero non porque haxa elementos xeométricos, que os hai (bancos con forma de ortoedro, papeleiras cilíndricas, xogos infantís con forma piramidal...), senón polo seu nome. En 2012 o concello de Oleiros bautizou este espazo como parque María Wonenburger Planells, que foi unha ilustre matemática . María Josefa Wonenburger naceu en Montrove no verán de 1927, no seo da familia coruñesa dos Wonenburger, que se dedicaban á fundición. Precisamente, a familia quería que estudase enxeñaría para seguir no negocio, pero ela tiña un grande aprecio polas matemáticas, así que marchou a Madrid a estudar na universidade. Conseguiu entón unha bolsa para ir estudar ao estranxeiro e marchou á universidade Yale, onde presentou en 1957 a súa tese de doutoramento sobre álxebra. Porén, cando volveu a España non lle recoñeceron o título, polo que tivo que redactar unha segunda tese. Como en España non vía posibilidades ...