PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: PARQUE MARÍA WONENBURGER

Nesta ocasión, nestes paseos matemáticos que facemos por Oleiros imos visitar un parque. Pero non porque haxa elementos xeométricos, que os hai (bancos con forma de ortoedro, papeleiras cilíndricas, xogos infantís con forma piramidal...), senón polo seu nome.

En 2012 o concello de Oleiros bautizou este espazo como parque María Wonenburger Planells, que foi unha ilustre matemática.


María Josefa Wonenburger naceu en Montrove no verán de 1927, no seo da familia coruñesa dos Wonenburger, que se dedicaban á fundición. Precisamente, a familia quería que estudase enxeñaría para seguir no negocio, pero ela tiña un grande aprecio polas matemáticas, así que marchou a Madrid a estudar na universidade.

Conseguiu entón unha bolsa para ir estudar ao estranxeiro e marchou á universidade Yale, onde presentou en 1957 a súa tese de doutoramento sobre álxebra. Porén, cando volveu a España non lle recoñeceron o título, polo que tivo que redactar unha segunda tese.

Como en España non vía posibilidades de traballar, en 1960 marchou de novo e tras pasar por varias universidades dos Estados Unidos e o Canadá ata que en 1967 obtivo unha praza como profesora na Universidade de Indiana.

En 1983 volveu á Coruña para coidar a súa nai e abandonou a investigación matemática. Faleceu nesa cidade no ano 2014.


Posiblemente a moita xente se se lle pide que diga o nome dun matemático (non digamos dunha matemática) posiblemente lle custe un pouco dar algún nome: talvez Pitágoras e Tales, polos seus teoremas, ou Arquímedes. Quizais coñeza a Newton ou a Descartes pero non os relacione directamente coas matemáticas. Ou igual lembra que viu filmes sobre Nash ou Turing...

Pero por suposto que moitos matemáticos fixeron traballos útiles e moi recoñecidos. Por exemplo, aquí tes unhas fotos de rúas da Coruña dedicadas a estes científicos:

Tócache a ti investigar quen foron os dous de abaixo.

E postos a recoñecer, hai quen decide erixir estatuas a matemáticas polo seu traballo, como esta de Turín:

Localización: 43º 19' 46" N - 8º 21' 48" W

Para saber máis:




Comentarios

Entradas populares de este blog

REMATE DE CURSO:

XVI FEIRA MATEMÁTICA

PASEOS MATEMÁTICOS POR OLEIROS: TRANSFORMACIÓNS XEOMÉTRICAS