EXCELENTES RESULTADOS DO ALUMNADO NO XXXI CONCURSO "CANGURO MATEMÁTICO"
O día 24 de marzo alumnado de todos os niveis do centro participarion na edición XXXI do Concurso Canguro Matemático, organizado pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM) dentro da convocatoria que a nivel internacional realiza a Asociación Kangourou Sans Frontières (AKSF), que consiste na resolución, de forma individual, dunha serie de problemas matemáticos nun contexto real, e relacionados con outras materias do currículo para fomentar a utilidade das Matemáticas fóra da aula. Este ano os resultados obtidos foron moi satisfactorios, destacando o 9º posto de Hugo Sierra Jácome de 2º de Bacharelato de un total de 1100 participantes de toda España, e o 30º posto de Javier Iglesias Díaz de 2º ESO de un total de 5300 presentados. No resto de niveis resaltar as puntuacións obtidas por Víctor Anikeiev e Sara Zuluaga de 1º de eso, nos lugares 230 e 740 dos 7500 totais nese nivel; Mencía Paseiro Mourelle de 2º ESO no lugar 390, Fabricio Guerra Barcia e Darío Suárez Vázquez de 3º ESO, postos 745º e 750º de 4250 presentados, e Ander López Rodríguez no lugar 240 de 1691 participantes de 1º de Bacharelato.
Comentarios
Publicar un comentario