Entradas

Mostrando entradas de abril, 2026

XIX FEIRA MATEMÁTICA

Imagen
O pasado 14 de marzo (Día Internacional das Matemáticas), o alumnado do Club de Ciencia acudiu a PALEXCO, onde se celebraba a tradicional Feira Matemática. Alí mostraron a todos os asistentes o traballo que estiveron a facer no club: un paseo matemático con actividades arredor no instituto. Explicaron como crearon as probas e ademais como construíron o paseo en diferentes formatos: papel, dixital, vídeo... Chamou moito a atención a detallada maqueta do centro que á parte de detectores de luz e movemento permitían o acceso aos vídeos e ás probas mediante códigos QR.