CHARLAS A PONTE: QUE É A ESTATÍSTICA ESPACIAL SE NON É A ESTATÍSTICA DAS GALAXIAS?
O 22 de xaneiro o alumnado de 1º Bacharelato de Ciencias asistiu á charla impartida pola profesora da USC Maribel Borrajo. Con ela descubriron como a estatística traballa en ámbitos tan diferentes como a análise da climatoloxía, o estudo de enfermidades ou a criminalidade e polo tanto é unha interesante ferramenta para resolver moitos problemas da sociedade.